Galego / Castellano

Dereito da Propiedade: Urbanismo

Panorámica de Vigo

O despacho está especializado no dereito da propiedade defendendo tódolos aspectos da mesma cunha profunda experiencia no campo do urbanismo en particular e o dereito administrativo en xeral no que se prestan o cliente un elenco de servizos que protexen a súa propiedade dende o asunto mais sinxelo da reclamación dunhas humidades na vivenda ata o desenrolo urbanístico dun polígono a través de calquera dos instrumentos que recollen os Plans Xerais de Ordenación Municipal (PXOM).

Nesta área os servizos que se prestan son:

  • Alegacións nas distintas fases de aprobación dos PXOM.
  • Asesoramento legal en Xuntas de Compensación, e outros instrumentos de desenrolo urbanístico coma, por exemplo, un PERI.
  • Defensa e asesoramento ante expropiacións.
  • Reclamacións urbanísticas ante Concellos: denuncias por ruídos ou calquera outra infracción urbanística de terceiros así como defensa ante expedientes administrativos por infraccións urbanísticas propias.
  • Licenzas de obra e de actividade.
  • Reclamación por danos na propiedade ou en casos de usurpación ou ocupación de terreos ou propiedades (contra veciños, compañías aseguradoras, comunidades de propietarios, etc.)
  • Asesoramento legal e redacción de contratos en casos en compravenda, permuta ou aluguer, así como durante toda a vida do contrato por problemas que poidan xurdir tales coma desafiuzamentos.
  • Servizo de MEDIACIÓN. Ana Pérez é mediadora civil e mercantil inscrita na Asociación Española de Peritos Judiciales y Mediadores Arbitrales.
  • En xeral calquera cuestión legal relacionada coa propiedade inmobiliaria.

Dereito Administrativo: Reclamacións contra Administracións Públicas

O urbanismo non é o único campo no que as Administracións Públicas teñen inxerencia nas nosas vidas. Cando acudimos a un hospital público, circulamos por unha estrada, exercemos o noso traballo como funcionarios públicos ou, en definitiva, estamos en relación cun servizo público como usuarios, cidadáns, beneficiarios da Seguridade Social ou empregados públicos, en moitas ocasións os nosos dereitos vense menoscabados. O dereito fundamental que temos nestes caso é o de esixir o respecto do noso dereito ou a correspondente responsabilidade patrimonial da Administración Pública en cuestión.

Edificio da Xunta de Vigo

Nesta área os servizos que se prestan son:

  • Asesoramento legal e tramitación de solicitudes de dereitos como usuarios de servizos públicos, destinatarios de axudas públicas e subvencións e reclamacións ante denegación das mesmas.
  • Reclamacións por responsabilidade patrimonial da Administración en tódolos casos nos que é esixible e que abarcan: accidentes de tráfico por deficiente mantemento da rede viaria, caídas e outros accidentes como viandantes na rúa por deficiente estado da mesma, danos na nosa persoa por mala práxis médica no servizo público de saúde, danos no noso patrimonio por actuacións dunha Administración Pública (por exemplo durante a construción dunha estrada poden danar a nosa casa) e similares.
  • Solicitude ante o INSS da incapacidade temporal, ou permanente parcial, total ou absoluta e reclamación en vía xudicial en caso de denegación.
  • Asesoramento legal e reclamación nos casos de dereito a reintegro de gastos médicos abonados en servizos de saúde privados asumidos ante risco vital.

Dereito Civil: Familia

A convivencia e as relacións humanas coas persoas no noso entorno a miúdo son fonte de problemas que se atopan regulados polo dereito civil e pódense solucionar ca intervención dun profesional do dereito. Intimamente relacionado co dereito da propiedade se atopan as relacións veciñais e moitas das relacións familiares ou de persoas achegadas. Trátase nesta área de asuntos de herdanzas, pensións compensatorias e de alimentos, dereitos de usufruto sobre bens inmobles, liquidacións de sociedades gananciais... Noutras ocasións prima o humano por riba do material e neste caso o avogado debe defender os intereses e necesidades persoais do cliente, son os casos de separacións, divorcios, custodias de menores, réximes de visitas de pais e outros familiares, e tutelas de incapaces.

Nesta área os servizos que se prestan son:

  • Asesoramento e tramitación de procesos de separación e divorcio e procesos de modificación de medidas en vía xudicial ou previa a mesma, incluíndo liquidación de sociedades de gananciais, redacción de convenio regulador.
  • Asesoramento en tódalas fases de apertura de testamentos, partición e adxudicación de herdanzas así como procesos xudiciais relacionados con impugnación de testamentos e accións contra herdeiros ou terceiros.
  • Asesoramento e tramitación de procesos de incapacitacións xudiciais e tutelas.
  • Outros asuntos de dereito civil fora do ámbito do dereito de familia: reclamacións contra empresas ou particulares en casos de incumprimentos contractuais en contratos de préstamos, compravendas e prestacións de servizos por calquera profesional ou empresa. Servizo de MEDIACIÓN. Ana Pérez é mediadora civil e mercantil inscrita na Asociación Española de Peritos Judiciales y Mediadores Arbitrales.