Galego / Castellano
Slide 1 jFlow Plus
Valores ó seu servizo
Profesionalidade sen esquecer a cercanía co cliente
Ler máis
Slide 2 jFlow Plus
Asesoramento integral
Defensa legal da súa propiedade en vía administrativa, extraxudicial e xudicial
Ler máis
Slide 3 jFlow Plus
Coas novas tecnoloxías
As últimas tecnoloxías para xestión eficaz dos asuntos e comunicacións co cliente
Ler máis

Presentación

No momento mais difícil da crise económica do país, no ano 2013, Ana Pérez Fernández comeza unha nova etapa abrindo o seu propio despacho de avogados en Vigo con valores renovados froito da percepción da realidade social e do atesouramento de experiencias obtidas a través da práctica xurídica durante anos.

Esa realidade actual e o compromiso cos clientes ten un encaixe nos valores de atención, accesibilidade, formación continua, dedicación, prudencia e ilusión. A posta en práctica destes valores humanos e profesionais unida a unha aposta polas novas tecnoloxías marca a distinción no sector da avogacía.

Ler máis

Valores

A atención e accesibilidade ao cliente resulta fundamental para saber cáles son as súas necesidades e cómo debemos defendelas.

A formación continua e a dedicación aos asuntos son imprescindibles para manterse o día das innovación lexislativas, xurisprudenciais e de praxis xurídicas que poden axudar na defensa dos intereses do cliente.

Por último é indispensable traballar con prudencia, sen asumir riscos innecesarios, pero coa ilusión suficiente para abrir novos camiños para garantir e apoiar os dereitos e intereses lexítimos dos clientes.

Servizos

A formación específica en Dereito Administrativo e Civil fai que nestas áreas se presten os servizos como avogada máis especializados con un lugar destacado para o urbanismo.

Os servizos deste despacho enmárcanse no asesoramento legal na vía extraxudicial incluíndo o servizo de mediación civil e mercantil, para a mellor garantía legal nas relacións entre particulares ou coa Administración Pública, e no campo procesal nas sedes dos distintos xulgados de Vigo, Audiencia Provincial de Pontevedra, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e mesmo ante o Tribunal Supremo e o Tribunal Constitucional. En tódolos servizos fanse orzamentos sen compromiso.

Ler máis